#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

FANTOCHES BAJ: AS SETE BOINAS DO AVIADOR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : INFANTIL

  • Duración del espectaculo: 50min

  • Persona representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/familiar/Fantoches-Baj/

  • Sinopsis de la compañia :

    Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio Vilariño no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interese céntrase no teatro de monicreques entendidos dunha forma ampla. Desde a proposta máis tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas máis contemporáneas do teatro de obxectos como no seu espectáculo O Asombro (2010) ou a utilización do kamishibai xaponés en As Pombas de Carboeiro. Na actualidade son moitos xa os espectáculos no haber da compañía. Co seu espectáculo Os Golfiños e o xigante obtivo o premio Barriga verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil.

  • Sinopsis del espectaculo:

    En abril de 2026 cúmprese o centenario do primeiro voo entre Madrid e Manila levado a cabo por tres capitáns entre os que se atopaba o galego Xoaquín Loriga. Nesta nova propposta da Fantoches, Xoaquín Loriga  contará ao público presente as vicisitudes, os perigos e os accidentes que o levaron a perder sucesivamente seis das sete boinas que tiña. Tamén aproveitará a ocasión para contar historias que escoitou dos habitantes dos lugares nos que aterrou e para iso servírase das marionetas e obxectos tradicionais de cada cultura á que foi chegando co seu aeroplano.

  • Caché con IVA : 800.0 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1500.0 €

  • Técnica