#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BRAIS DAS HORTAS: Zona en obras

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: intantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 637 756 129 - ola@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://charlatana.org/artistas/brais-da-hortas

  • Sinopsis da compañia :

    Brais das Hortas é músico, clown e narrador, cunha traxectoria de máis de 25 anos enriba dos escenarios. Coa súa compañía unipersoal percorre todo o país cos espectáculos "Consertasso na Horta", "Zona en obras", "Contos para caghar patatillas" e "Contos de defuntos (e outros asuntos)". Forma parte de proxectos musicais como Blues do País ou Sacha na Horta, e ao longo da súa carreira integrou formacións como Mamá Cabra, Sons Miúdos ou Banda Fura Fura. Tamén colaborou con artistas como Ataque Escampe ou Sofía Espiñeira, ademais de compoñer música para diversas bandas sonoras. No ámbito do clown, traballa xunto a Peter Punk Pallaso nos espectáculos Concerto PunkInfantil e Peter Punk e o Neno Imperdible, propostas cheas de enerxía e interacción co público. Como narrador oral, forma parte da Tropa de Trapo, xunto a Marta Ortiz, coa que realizou numerosas xiras e campañas escolares por todo o territorio. Ao longo da súa traxectoria, Brais das Hortas consolidou un universo artístico propio, no que a música, o humor e a palabra se mesturan cunha forte conexión co público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Atención! Este espectáculo está en obras. Si: está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público. Malo será que entre todas non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se converten en superstars... A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

  • Caché con IVE : 750.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 750.0 €

  • Técnica