#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Contraproducións: MEMORIAS DUN NENO LABREGO (FORMATO GRANDE)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: XERAL

  • Duración do espectaculo: 110

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 605 263 755 - belenpichel@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.contraproducions.com/espectaculo/memorias-dun-neno-labrego-2/

  • Sinopsis da compañia :

    Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, dirixida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción. Con unha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e unha relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creacións escénicas de Cándido Pazó no eido do teatro e da narración oral, aínda que tamén dá cabida a outras figuras da dirección escénica ou da escrita teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo vivo e dinámico que se articula como un concerto de emocións: as emocións argumentais que suscita a atribulada historia do neno Balbino, protagonista do libro; as emocións profundas que derivan da memoria común de herdeiros dun tempo e un mundo rural que aínda resoa na nosa alma colectiva; e as emocións máis inmediatas e epidérmicas que xera o propio xogo teatral (con todos os seus signos: interpretativos, plásticos, lumínicos e musicais), o humor e a comunicación directa co público.

  • Caché con IVE : 6900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 7000.0 €

  • Técnica