#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Redrum Teatro: Os Contos do Lobicán

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 40 min

  • Persoa representante : Redrum Teatro

  • Datos de contacto : 692 632 733 - redrumteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/os-contos-do-lobican/

  • Sinopsis da compañia :

    Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Os contos do Lobicán” é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación. O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022 e gañador do Premio ao Mellor Espectáculo de monicreques nos XXIX Premios de Teatro María Casares. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

  • Caché con IVE : 2299.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2299.0 €

  • Técnica