#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

VERO RILO: LAVANDEIRAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : VERONICA MARTINEZ MARTINEZ

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/vero-rilo-lavandeiras

  • Sinopsis da compañia :

    Vero Rilo é narradora oral.Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio. Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde” Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre…

  • Sinopsis do espectaculo:

    As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria. Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra. Tamén contamos de Manuela Lores, e cantamos as fontes e os ríos. Poñemos os pés a remollo cada día...

  • Caché con IVE : 665.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 665.0 €

  • Técnica