#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Fraga dos Mouros: Ciencia Malabar

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : Ramón Gato

  • Datos de contacto : 677 873 019 - info@fragadosmouros.com

  • Páxina web do grupo : https://fragadosmouros.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Fraga dos Mouros é unha compañía de artes escénicas que mestura o teatro, os malabares e a música en espectáculos reveladores. Créase no 2023 coa premisa de achegar historias sobre bosques, ciencia e sobre o patrimonio natural e cultural galego. A compañía nace das inquedanzas artísticas de María Alkayali, actriz, música e cantora docente, e Ramón Gato artista de circo e artesán agrario. Actualmente a compañía continúa actuando con espectáculos de creación propia e imparte obradoiros formativos.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ensaio e erro, a ciencia é asumir a ignorancia nunha viaxe infinita onde só a experiencia dá o saber. A través dos malabares, un profesor de ciencias algo torpe e despistado, crea unha aula imaxinaria onde desafía as leis do movemento e o público convértese en colexiais por sorpresa. Unha ventura para preguntar, probar e descubrir nun reto constante contra a gravidade. Un espectáculo familiar en torno á arte dos malabares, nunha andaina reveladora cara o horizonte da sabedoría, porque: _ “Ter vontade de aprender é o elixir da eterna xuventude”.

  • Caché con IVE : 799.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 799.0 €

  • Técnica