#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Matrioshka Teatro: Comadres en acción

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adolescente e adulto

  • Duración do espectaculo: 35 minutos

  • Persoa representante : Consuelo Porto Puente

  • Datos de contacto : 605 166 119 - matrioshkateatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://matrioshkateatro.com/comadres-en-accion/

  • Sinopsis da compañia :

    Matrioshka Teatro naceu no ano 2013 da man de 3 actrices, para facer un teatro onde as intérpretes estean no centro da creación. Creamos dramaturxias a pé de escena, sen deixar de lado unha estética coidada, o sentido do humor, a frescura e a naturalidade de romper e volver levantar a cuarta parede cando nos cadra, envolvendo así ao público con nós. Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes mesturadas que transitan neses lugares de intersección, de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Alimentámonos do legado das xeracións que foron antes ca nós, repousamos o vivido, e compartímolo coas persoas que están, sen deixar de pensar nas que virán. Somos teatro de partillar e coidar. Mulleres que guían, mulleres que homenaxean, mulleres que acubillan, así como nós tamén fomos acubilladas por outras. Espectáculos creados e premiados foron: • Cést la vie. Que trata sobre o paso do tempo, • Manawee: sobre as novas emocións da preadolescencia. • Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos: homenaxe a María Victoria Moreno e a tódalas boas mestras e mentoras. • Comando Comadres, e ... • Comadres en acción: dous espectáculos sobre os micromachismos para sala de teatro ou para lugares alternativos. • Fala fala falangueira: sobre a lingua da nosa terra.

  • Sinopsis do espectaculo:

    As comadres camufladas de "Pititas", infíltranse no espazo público co pretexto de realizar unha colecta benéfica. Pronto revelan o seu auténtico obxectivo: crear unha rede de comandos a nivel mundial para poñer en evidencia as inxustizas sexistas, cuestionalas e erradicalas. Un espectáculo breve de 35 minutos para público adolescente e adulto, que trata sobre diversos micromachismos que silandeiramente nos acompañan dende a nenez. Unha peza teatral que foi dirixida por Gena Baamonde para poder facer en lugares non convencionais, interiores ou exteriores, con poucas necesidades técnicas. Creada e interpretada polas actrices Chelo do Rejo, Anabell Gago e María Ángeles Iglesias, que ofrecen un coloquio postfunción co público ao finalizar o espectáculo, se fose do interese do mesmo.

  • Caché con IVE : 2057.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2990.0 €

  • Técnica