#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FRAN REI: HAMELIN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - ARTEFEITO@ARTEFEITO.GAL

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/hamelin

  • Sinopsis da compañia :

    Fran Rei é un nome fundamental do clown en Galicia. Cofundador, pallaso en activo e coordinador da compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), Os Sete Magníficos Máis Un, ten participado con ela nun total de doce espectáculos teatrais desde o ano 2001. En paralelo, ten traballado noutras compañías de teatro galegas, como Bagunça Teatro, Produccións Desaqueloutradas, Acontrabutaca e Culturactiva SCG, e tamén ten experiencia no mundo televisivo. Xunto a Pedro Brandariz, formou as parellas cómicas O Gordo e o Calvo e Os ramistas, que participaron regularmente no programa Luar da TVG entre 2012 e 2016. Na súa formación escénica destacan numerosos cursos de teatro, clown e bufón con algúns dos mellores mestres do panorama internacional, como Good Idea Company, Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Eric de Bont, Iván Prado ou Antón Valén. Igualmente, tamén el exerce de profesor, xa que traballa como monitor de dramatización, dirixe varias aulas de formación teatral desde 2001 e desenvolve regularmente obradoiros de iniciación e perfeccionamento da técnica do clown. Nos últimos anos está especializándose na dirección de espectáculos cómicos e de pequeño formato. Así, é director dos espectáculos Supergalácticos, de Código Morsa, Volta á maxia, de Dani García, Ritmo refugallo, de Trío Refugallo e Concerto singular (e plural) de Píscore. Ademais, é membro fundador da organización galega de cooperación internacional a través das artes Pallasos en Rebeldía e, con esta entidade, ten participado en diversas caravanas de pallasos por comunidades indíxenas de Chiapas (México).

  • Sinopsis do espectaculo:

    Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero... Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda. Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal A verdadeira historia de Hamelin, en colaboración con Avelino González e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.

  • Caché con IVE : 600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 700.0 €

  • Técnica