#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MALASOMBRA: COTORRAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    No interior dunha casa aparentemente ordenada e confortable, un matrimonio prepárase para recibir a unha parella de amigos cos que quedaron para cear. Mentres ultiman os detalles, el, un político en plena campaña de reelección, aparece na televisión pronunciando un discurso feminista impecable: palabras medidas, xestos ensaiados, consignas sobre igualdade, empoderamento e xustiza social, pero… por que esas palabras non teñen cabida na súa propia casa? Cotorras é unha divertidísima comedia que mostra a hipocrisía deste político con un discurso público feminista e unha actitude tremendamente machista na súa vida privada. Sóanos de algo…?

  • Caché con IVE : 3388.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3872.0 €

  • Técnica