#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARTAALONSOTEJADA: So-fa(r) from me con aéreo

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 40

  • Persoa representante : Marta Alonso Tejada

  • Datos de contacto : 658 782 564 - martaalonsotejada@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/138o5rQgQhiFKIXsxuEjXngOMlbHQZxdn/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía martaalonsotejada A compañía martaalonsotejada nace en Galicia coa vontade de facer do escenario un espazo de encontro real co público, combinando danza, humor, emoción e participación activa. Desde unha perspectiva contemporánea e accesible, desenvolve espectáculos para teatros, rúa e espazos non convencionais, nos que o movemento dialoga coa palabra, a música, a mirada cómplice e a mediación como ponte co territorio. As súas creacións apostan pola proximidade e a conexión directa co público, formulando experiencias escénicas que activan o pensamento e a emoción desde o corpo e o xogo. Entre os seus traballos destacan: • Bailar Agora (2020), unha peza en solitario sobre o paso do tempo, a identidade e o desexo de seguir bailando, que combina a danza cun monólogo escénico de alto impacto visual. • Sofá (2022), coproducida pola MIT de Ribadavia, un dúo de humor físico e teatro do absurdo que aborda as dinámicas da vida en parella. • Dance Join (2025), un espectáculo interactivo de danza, clown e música en directo no que catro personaxes navegan os ritmos imposibles da vida contemporánea ata rematar nunha pista de baile colectiva. A compañía realizou funcións en Galicia, noutras comunidades do Estado e a nivel internacional, con actuacións en países como Alemaña ou El Salvador. Foi seleccionada e recomendada por redes estatais como PLATEA, Danza a Escena ou SAREA, e conta co apoio de AGADIC, Xunta de Galicia, Concello de Ames e Concello de Outes. O seu traballo foi recoñecido con múltiples galardóns, especialmente pola peza Bailar Agora, que obtivo: • Premio FETÉN (2022) ao Mellor Espectáculo das Noites do CCAI (Xixón) • Premios María Casares (2021): Mellor actriz protagonista, Mellor dirección e Mellor iluminación • MIT Ribadavia (2021): III Premio do Público • FETEGA (2021): Mellor espectáculo • Finalista dos Premios da Crítica de Galicia (2022) A compañía forma parte das asociacións profesionais Escena Galega, Emprendo Danza, AAAG e PAM Galicia, e mantén un forte compromiso coa creación contemporánea, o vínculo co territorio e o desenvolvemento de públicos a través da mediación.

  • Sinopsis do espectaculo:

    So-fa(r) from me é unha peza de danza contemporánea para espazos non convencionais que parte do material coreográfico e dramatúrxico da peza Sofá, adaptándoo ao espazo público e á relación directa coas persoas que o habitan. A través dun dúo físico e preciso, dous corpos tentan coordinarse para compartir un mesmo sofá, un mesmo ritmo e unha atención común. A peza pon o foco nos mecanismos de desconexión afectiva, na dificultade de soster algo en común e no esforzo —moitas veces invisible— que implica convivir. As demandas externas, especialmente as mediadas polo teléfono, interrompen a escoita e fragmentan a presenza, convertendo o cotián nun malabarismo constante. No espazo público, esta situación íntima vólvese recoñecible e compartida, dialogando directamente coa experiencia contemporánea de vivir aceleradas, dispoñibles e cansadas.

  • Caché con IVE : 1980.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica