#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Nao Caracola: Esperta o rinoceronte

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 40 minutos

  • Persoa representante : Marián González

  • Datos de contacto : 636 860 927 - info@naocaracola.com

  • Páxina web do grupo : https://naocaracola.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Nao Caracola é unha nova compañía que nace da man de Marián González, profesional do teatro de títeres dende 1987. Este proxecto nace coa vocación de plasmar o aprendido, o interiorizado ao longo de case corenta anos de profesión e investigación nesta marabillosa arte que é a dos monicreques. Tras longos anos de formación e traballo con distintas compañías, en 1997 xunto a Luis González fundamos a compañía Títeres Tompicallo tristemente desparecida en 2019. Con Trompicallo producimos once espectáculos. Con eles participamos en distintas redes, fieras e festivais por toda a península. Queimamos moita roda durante eses anos. Agora, despois de máis de dous anos de traballo, Nao Caracola presenta o seu primeiro espectáculo, “Esperta o rinoceronte”. Porque nunca é tarde para empezar de novo, para establecer un novo obxectivo, para soñar un novo soño.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a ama. Isto, ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso cóidao. Ensina a Bambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa a chama o Rinoceronte e di que nela atópase o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto. Esta historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto e cégannos cos seus brillos, facéndonos cómplices da destrucción. Haberá alguén que lles faga fronte e esperte o rinoceronte? “A pesar de todo pensa que é posible que a xente sexa mellor. Só a utopía ten argumentos poderosos contra o despropósito” (Juan Margallo)

  • Caché con IVE : 935.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 935.0 €

  • Técnica