#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

A Tríptica Teatro: O que xermola no lume

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 min

  • Persoa representante : Gema González Estévez

  • Datos de contacto : 661 656 616 - atripticateatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://atripticateatro.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A Tríptica Teatro é unha compañía multidisciplinar formada por tres creadoras novas: Gema González (intérprete, creadora escénica e música), Noa Iriarte (escenógrafa e iluminadora) e Diana Longa (dramaturga e directora). Tras formarnos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), fundamos a compañía co desexo de crear o teatro que queremos ver: comprometido, visualmente innovador e cunha linguaxe propia, sempre procurando que o equipo artístico estea integrado por mulleres novas do ámbito local. Con esta visión, en A Tríptica buscamos xerar unha conexión profunda co público, abordando cuestións sociais e persoais dende unha escena arriscada, poética e contemporánea. Facemos teatro como quen traballa a terra: con entrega, coas mans, coa memoria. A nosa identidade inspírase na forza das flores que nos representan: O caravel, pola paixón e a loita; O fiuncho, pola raíz fonda e a sabedoría popular; A sempreviva, pola resistencia e a memoria. Flor a flor, raíz a raíz, facemos do teatro territorio.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O que xermola no lume é unha peza de teatro contemporáneo que aborda os incendios forestais en Galicia como ferida colectiva e como metáfora dun sistema que arrasa co territorio, coa memoria e cos corpos. A través do movemento, da música, da luz e da palabra, a obra constrúe unha viaxe emocional que transita da destrución ao renacer, da soidade á forza da comunidade. Unha proposta poética, accesible e comprometida, que convida ao público a pensar, sentir e imaxinar outros futuros posibles.

  • Caché con IVE : 2000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2500.0 €

  • Técnica