#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Larraitz Urruzola: A Viaxe de Rosalía

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos/infantil a partir de 6 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : María Larraitz Urruzola Tolosa

  • Datos de contacto : 636 379 930 - larraitzur@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.larraitzurruzola.com/a-viaxe-de-rosalia-2/

  • Sinopsis da compañia :

    Larraitz Urruzola Producións Artísticas é un proxecto persoal que ten como piares a propia actriz, a súa capacidade narrativa, os títeres tradicionais, os contidos con perspectiva feminista e as protagonistas femininas como Rosalía de Castro, Francisca do Campo (madriña de Rosalía), Concepción Arenal ou Dona Barriga Verde, transformando en muller o mítico personaxe de títeres galego.  Todos estes elementos diferenciais amosan unha aposta clara por visibilizar a pegada dos referentes femininos nas artes e no activismo social.

  • Sinopsis do espectaculo:

    FRANCISCA DO CAMPO leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada ROSALÍA de CASTRO. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables. Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela, comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. A FRANCISCA gústalle lembrarnos que ROSALÍA era unha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra. Aquela meniña algareira que FRANCISCA coidou foise convertendo puco a pouco na escritora que deixou unha pegada imborrable pola súa calidade literaria e un fondo de verdades profundas por fin sacadas á luz.

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica