#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CONTRAPRODUCIÓNS, S.L.: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : CONTRAPRODUCIÓNS,, S.L.

  • Datos de contacto : 605 263 755 - belenpichel@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.contraproducions.com/

  • Sinopsis da compañia :

    Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción. Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa cun público de amplo espectro, é a plataforma que acolle a maior parte das creación escénicas de Cándido Pazó no campo do teatro e a narración oral, aínda que dando cabida tamén a outras figuras da dirección escénica ou a escritura teatral, así como a coproducións ou colaboracións con outras estruturas. Na actualidade ten en exhibición espectáculos de signo variado, como Memorias dun neno labrego (versión teatral unipersoal, composta, dirixida e interpretada por Cándido Pazó a partir do libro de Xosé Neira Vilas), que con case 200 funcións a día de hoxe está entre as pezas máis representadas do teatro galego. De formato medio, como O Electo (de Ramón Madaula con dirección de Cándido Pazó. Ou de gran formato como Cigarreiras (baseada na Tribuna de Pardo Bazán, com adaptación e Dirección de Cándido Pazó), Premio María Casares 2022 á Mellor Escenografía, Premio María Casares 2022 á Mellor Dirección. Premio María Casares 2022 ao Mellor Espectáculo, Premio do Público no FIOT, Premio José Estruch á Mellor Interpreteción de Reparto, Premio Cidade de Palencia á Mellor Interpretación Protagonista. No seu historial é de salientar a distribución de espectáculos como A piragua (escrito e dirixido para o CDG por Cándido Pazó), Premio “María Casares” 2007 ao Mellor Texto Orixinal, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Iluminación, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Música Orixinal, Premio “María Casares” 2007 á Mellor Actriz Protagonista, Decamerón(versión teatral unipersoal, composta, dirixida e interpretada por Cándido Pazó a partir do libro de Giovanni Boccaccio), As do peixe (escrito por Cándido Pazó e dirixido por Cristina Domínguez), Premio do Público do Festival Internacional de Ribadavia 2013, Premio “María Casares” 2014 ao Mellor Texto Orixinal, Premio “María Casares” 2014 á Mellor Dirección, Premio “María Casares” 2014 á Mellor Actriz Protagonista, Ra Ra Ra (espectáculo infantil escrito e dirixido por Cándido Pazo), Nacidas libres (escrita por Cándido Pazó e dirixida por Cristina Domínguez), Fillos do sol (escrita e dirixida por Cándido Pazó), O tolleito de Inishmaan (de MartinMcDonagh, dirixido por Cándido Pazó), Premio María Casares 2017 ao Mellor Actor Protagonista, Premio María Casares 2017 ao Mellor Actor Secundario, Premio María Casares 2017 á Mellor Actriz Secundaria, Premio María Casares 2017 á Mellor Iluminación, Premio María Casares 2017 á Mellor Adaptación, Commedia (esctito e dirixido por Cándido Pazó), Premio María Casares 2018 á Mellor Iluminación, Premio María Casares 2018 ao Mellor Vestiario, Premio María Casares 2018 ao Mellor Actor Secundario, Premio María Casares 2018 ao Mellor Espectáculo, A Compañeira de piso (de Jean Silverman, dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó), Premio ao Mellor Espectáculo no Certame Nacional dos Teatros Luchana.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a juglaría oral, na senda de Dari´ou Fo, O Bruxo, Pepe Rubianes… Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía de as emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión

  • Caché con IVE : 1573.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1815.0 €

  • Técnica