#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Bea Campos: O xardín de Lola

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Público familiar

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : Bea Campos

  • Datos de contacto : 619 775 386 - bea.campos@hotmail.es

  • Páxina web do grupo : https://noga.gal/bea-campos/

  • Sinopsis da compañia :

    Bea Campos é actriz, directora teatral, narradora e presentadora. Licenciada en arte dramático pola ESAD de Galicia leva vinte anos dedicándose profesionalmente a arte dramática e a narración oral. Realizou milleiros de actuacións e levou as súas historias ata o outro lado do mar, visitando festivais en México, Colombia, Brasil e Venezuela. Forma parte da compañía "Migallas Teatro" con diferentes espectáculos para público dende os 6 meses ata os 100 anos. No mundo do teatro tamén traballa na compañía Inventi Teatro e participa como actriz en diferentes compañías. É formadora no ámbito da expresión dramática, narración oral e literatura infantil.Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais entre eles presentou durante cinco anos a canle de difusión de literatura infantil “Kalandraka TV” achegando o mundo do libro a nenos e maiores.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O xardín de Lola é famoso en todo o pobo: delicadas leitugas, exuberantes coliflores, sorprendentes tomates de cores e magníficas cenouras, xunto a moitas outras hortalizas dignas de aplauso. Lola aprendeu dos seus maiores todos os segredos da horta: cal é a terra axeitada para plantar os allos, en que momento atar a viña, e a hora exacta para regar as cebolas. O seu xardín é tan fermoso que todos lle din “O Xardín de Lola”. Pero este ano algo misterioso acontece: os tirabeques non nacen, os pexegos non medran e dos amorodos non queda nin rastro. Lola enfróntase a un enigma que non comprende. Quen ou que estragou a súa horta? O Xardín de Lola é unha historia de misterio, natureza e maxia; un canto de amor á terra e á nosa cultura.

  • Caché con IVE : 650.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 900.0 €

  • Técnica