#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Mariñeiras: Mariñeiras

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : CHARLATANA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1jIHBRtpPqW4m-8w6cQqOxSSC2IR1v44F/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    SONIA GARCÍA É ilustradora, fotógrafa e creadora visual cunha forte ligazón á cultura mariñeira e á tradición oral galega. O seu traballo, marcado pola sensibilidade estética e o compromiso social, abrangue a ilustración editorial, a videocreación e a docencia artística. Colabora en obras recoñecidas da literatura galega infantil e xuvenil, mantendo unha linguaxe visual poética e crítica. En 2025 foi autora do cartel dos Premios de Teatro María Casares. Naceu en Rianxo, no 1990 e nútrese coñecendo o valor dunha muller empoderada como é a súa nai, da que tamén recibe os primeiros contactos musicais. SABELA GALBÁN É música e docente, especializada na interpretación e ensino da fl auta traveseira. De vital importancia é a pertenza a asociacións de música tradicional onde emprende unha longa andaina de aprendizaxe, tomando conciencia da importancia do patrimonio musical deste país e da cantidade de informantes a partir dos cales se constrúe a cultura de noso. Destaca como multiinstrumentista nos concertos de SES, onde achega fl auta, acordeón e voz. Implicada na divulgación cultural, colabora en iniciativas como o ciclo Frautisimamente, e aposta por unha música viva, con raíces galegas e vocación contemporánea.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Mariñeiras é un espectáculo teatral con acompañamento musical en directo no que se introducen algunhas referencias a pezas tradicionais da costa de Galicia. Mariñeiras son Mariñas, mulleres ancoradas na beira do mar. O soño de Mariña é ser patroa e durante sete días consecutivos adicaranse a superar as probas necesarias para acadalo. A través destes dous personaxes e do fío conductor amósase a loita interna no proceso de acadar o seu obxectivo na vida: levar o seu propio timón. As Mariñas son as dúas metades, en loita, dunha mesma muller. Trátase dun espectáculo interactivo que versa sobre a vida mariñeira e a aprendizaxe do oficio do mar, deste xeito o público asistente mergullaráse nos rumbos que mostran as protagonistas; en cantigas mariñeiras, nas partes dunha embarcación, na xerga mariñeira, cartografía ... Todo en clave de humor, música e forza das mulleres.

  • Caché con IVE : 1450.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2000.0 €

  • Técnica