#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

LÎLÂ TEATRO: ESTREMONÍAS DA SILVA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO (a partir de 13 anos)

  • Duración do espectaculo: 60 MIN APROX

  • Persoa representante : LARA REGUEIRA MANZANO

  • Datos de contacto : 676 452 878 - LILA@LILATEATRO.COM

  • Páxina web do grupo : https://www.lilateatro.com/

  • Sinopsis da compañia :

    LÎLÂ TEATRO somos unha compañía formada por dúas mulleres vinculadas ao mundo escénico que comeza a súa andanza no ano 2013. LÎLÂ TEATRO somos Lines G.G e Lara Manzano. Ambas creadoras multidisciplinares e polifacéticas que, coma tales, tocamos todos os eidos relacionados coa producción teatral. Dramaturxia, dirección, escenografía, vestiario, iluminación, son, grafismo e por suposto interpretación, nacen de nós e medran con nós. Particularmente temos un enorme interese no teatro coma xeito de expresión por consideralo unha práctica artística integral. Cremos firmemente que o espectáculo vivo, e concretamente o teatro ten unha aptitude única para poder chegar, traspasar e permanecer por tempo na alma do espectador. LÎLÂ TEATRO apostamos por un xeito de facer dende o corazón. Somos artesanas, ruráis e mariñeiras, atemporáis, amigas do bon gusto e acérrimas defensoras dos animais, os vexetais, as crianzas e os maiores. No noso percorrido non faltan os traballos de taller teatral, as colaboracións en diferentes festiváis e asociacións, e por suposto as representacións en concellos, colexios, monasterios, auditorios, patios de luces, rúas, prazas, garitos e bosques. Con todo procuramos dar a coñecer de preto a nosa labor artística teatral.

  • Sinopsis do espectaculo:

    A Silva é un arbusto espiñento e gabeador que ocupa terreos abandonados e forma valados que coidan con fervor as heredades. Lines de Silva non é portuguesa nin do Brasil. É de unha aldea que se chama Sobrado. Disque non se da ninguna importancia por iso. Tal é a súa dote para inventar historias que se gañou o alcume de “Curuxa dos Inxenios”, en honor a Lope de Vega, creador de Silvas. En Sobrado aconteceron sucesos estrafalarios. Moitos deles quedaron prendidos na raizame das silveiras agardando o momento de seren rescatados.. ..As amoras están cheas de tinta..

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica