#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DE NINGURES : O BUSCADOR DE ILLAS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : AMARELO DISTRIBUCIÓN

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Páxina web do grupo : https://teatrodeningures.gal

  • Sinopsis da compañia :

    Dende 1.986, en Teatro de Ningures contamos con máis de trinta espectáculos producidos e distribuídos, tanto clásicos como contemporáneos, sempre cun fondo compromiso social e tratando temas de actualidade.

  • Sinopsis do espectaculo:

    ESPECTÁCULO DE RÚA Os espectadores poden observar un pequeno barco veleiro situado en terra firme, un barco que lembra ás dornas, a esas embarcacións tradicionais movidas a remo ou axudadas por unha vela central, tan propias das nosas costas, pero que poden atoparse noutras latitudes cun aspecto moi semellante. Dentro do barco está XACIO, pensando ou descansando, impasible. Non parece que se queira mover. O público agarda pero el non actúa. Dous espectadores/personaxes, un mozo é unha moza, poñen en evidencia esta situación, Qué estamos a agardar? O mozo quere marchar e levarse ao público con el, a moza busca solucións para que comece a representación. El e ela farán todo o posible para que comece o espectáculo, porán o reloxo en marcha, daránlle “corda” a XACIO e conseguirán activalo. A experiencia dos intérpretes en teatro de rúa, danza, circo, (malabares, lume cóitelos)… e o clown, como expresión da inocencia, da fraxilidade, de amosar o fracaso como unha opción posible e non necesariamente pexorativa, axudará a crear un ritmo fabuloso e un mundo marítimo, máxico e surreal. Comezan os preparativos para zarpar, para continuar a viaxe. A partir de aquí, asistiremos a unha serie de escenas nas que seremos partícipes dunha gran viaxe, con tormentas, co rescate dalgunha tartaruga, recibíndo as visitas das aves, pescando, todo nun ambiente e linguaxe mariña, todo na procura de illas refuxio. Unha viaxe sen un claro destino.

  • Caché con IVE : 2900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2900.0 €

  • Técnica