#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

JOSHUA KENNETH: MARABIJOSHUA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PÚBLICOS

  • Duración do espectaculo: 70min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/MarabiJoshua!/

  • Sinopsis da compañia :

    Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. A súa maxia foi galardoada en importantes competicións de Portugal, España e Italia, gañando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa. En 2023 gañou en Madrid o Premio Frakson, un prestixioso galardón que cada ano se outorga ao mellor ilusionista de escena do Estado español. Obtivo o premio cun número chamado “O soño do avaro” onde consegue que as pompas de xabón se convertan en moedas e billetes. Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie americana Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.

  • Sinopsis do espectaculo:

    MarabiJoshua é un espectáculo de maxia de rúa para todos os públicos pensado para gozar en familia. Nesta proposta, o ilusionista Joshua Kenneth amosa a súa faceta máis excéntrica cunha selección de impactantes números visuais de mentalismo e prestidixitación. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo tolo onde nada é o que semella…

  • Caché con IVE : 1495.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1495.0 €

  • Técnica