#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PISCORE: MOLTO BARROCO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PUBLICOS

  • Duración do espectaculo: 70 MINUTOS

  • Persoa representante : FELIX RODRÍGUEZ LAMAS

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/artista/piscore

  • Sinopsis da compañia :

    Píscore nace en 2015 cun propósito claro: crear espectáculos nos que teatro, humor e música se mesturen para sorprender ao público desde múltiples dimensións. Desde entón construíron un estilo inconfundible, no que destacan a comedia física, o virtuosismo sobre instrumentos como a marimba e o xilófono e unha posta en escena sempre orixinal. Os seus primeiros espectáculos, Concerto Singular (2016) e Concerto ConFusión (2019), suman máis de 200 funcións en Galicia e no resto do Estado, e foron recoñecidos polo público con diversos galardóns, entre eles o Premio do Público do Festaclown de Vilagarcía (2017 e 2019). Ademais, foron tamén os espectáculos mellor valorados na programación Domingos do Principal de Pontevedra en 2018 e 2020. En 2022 presentan Molto Barroco, unha creación propia dirixida por Fran Rei que combina o espírito dun músico barroco con clown, comedia física, xogos malabares e números de baile, reforzando a identidade fresca e dinámica da compañía. O seu traballo máis recente continúa recibindo recoñecemento: en 2024 foron seleccionados no Certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e en Camiño Escena Norte, e en 2025 acadaron o Premio do Público Infantil na XLVII Mostra de Teatro Galego de Cariño. Píscore continúa a consolidarse como unha das compañías máis singulares e innovadoras da escena galega actual.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca. Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares. Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra, futura Raíña e o Compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.

  • Caché con IVE : 2420.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2783.0 €

  • Técnica