#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA: BENQUERER(ME)

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 45min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/BenQuerer/

  • Sinopsis da compañia :

    FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición. A través da creación colectiva achega proxectos artísticos con vocación social e con moi boa acollida entre o público. Desde as marxes, a compañía crea espectáculos que teñen a vontade de xerar conciencia social e devolverlle á sociedade aquilo no que se inspirou. A compañía fundouse no ano 2017 pola inquedanza do bailador Francisco Sieira González de dar un paso máis na súa carreira artística, despois de 15 anos impartindo clases de baile e música tradicional en recoñecidas agrupacións dentro da nosa comunidade; e bailando en compañías galegas profesionais como GS21 (2007), Quique Peón e Cía(2011- 2012) e Nova Galega de Danza (2016-2018).

  • Sinopsis do espectaculo:

    Benquerer, querer ben ou quererse ben son algúns dos termos nos que afonda o novo espectáculo do bailador Fran Siera, un só de danza acompañado en directo polo dúo galego Caamaño&Ameixeiras. BenQuerer é unha peza íntima e emocional que conecta co cotiá, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Reflexiona sobre como en ocasións asumimos máis do que, quizais, nos pertence. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben: fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites. Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar, … podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles? Desde as marxes e sempre con perspectiva de xénero esta nova proposta de Fran Sieira ofrece o resultado dun proceso creativo persoal e íntimo, onde a través do seu propio relato convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a un mesmo.

  • Caché con IVE : 3350.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 5030.0 €

  • Técnica