#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Vicus: Labirinto Helena

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adultos

  • Duración do espectaculo: 30 minutos

  • Persoa representante : Vicus Teatro

  • Datos de contacto : 672 328 219 - producion.vicusteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.vicusteatro.es/

  • Sinopsis da compañia :

    Logo de 4 anos de formación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na cidade de Vigo, cinco comediantes decidiron poñer en marcha Vicus Teatro, para embarcarse nunha fermosa aventura cultural e humana. A formación nas aulas permitiunos especializarnos nas artes escénicas en tan diversas disciplinas como o xogo de máscara, o circo, a loita escénica, o canto, o mimo, a danza e, sobre todo, a commedia dell’arte. Unha formación completa e esixente que nos permite garantir un alto nivel técnico e artístico nos nosos espectáculos, cursos, conferencias e e xiras nacionais e internacionais. Así como un repertorio de obras infantís, didácticas, e de commedia dell’arte. Vicus Teatro comeza o seu percorrido no ano 2015 co espectáculo A 3 Niveis, que foi Finalista no certame Xuventude Crea dese ano. Durante moito tempo sacou adiante un proxecto didáctico que percorreu os institutos galegos chamado Crónicas. A iniciativa contén tres espectáculos: Crónicas de ouro (sobre o século de ouro español), Crónicas Clásicas (sobre o teatro na Grecia e Roma clásica) e Crónicas da fala (sobre o teatro das Irmandades da Fala). Este último aínda en cartel. No ano 2022 estrea a peza Salón Alfonsina, sobre a poetisa Alfonsina Storni. Ademais de ser Finalista do Xuventude Crea, a obra recibiu premios á Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal. Vicus busca facer un teatro popular, con poucos elementos en escena e que vaia directo os espectadores, falado da xente para á xente.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Todos os imperios rematan por caer. Troia acaba sucumbindo, ao igual que os gregos, os exipcios ou os romanos. Vivimos no final dunha era, dun cambio de paradigma histórico. Nunha tempestade de información que so podemos surfear. Un temporal no que resisitir coas escasas ferramentas que temos. Pero a pregunta é, como rematará todo isto? Sobre os restos da humanidade aparece a nosa Helena, é a supervivente da historia humana, a testemuña final do que pasou, do que fixemos. A súa voz é a de todos, e dende o futuro tratará de lanzar un pouco de luz sobre o noso presente. No momento onde os monstros veñen a devorarnos, Helena representa a voz de todos os que teñen algo que dicir e non puideron. Helena comeza cada día tratando de sobrevivir no labirinto da cidade, sen saber se atopará café, compañía ou un sitio onde pasar a noite. Cada día é unha lembranza do pasado, unha estratexia para o futuro e un reclamo incesante ante a pasividade divina. Este panexírico é a nosa contestación ante o día a día dunha era que non sabemos como a van chamar os libros. Todo foi gravado. Todos fomos testemuñas. E non fixemos nada. Labirinto Helena é o que temos que dicir sobre todo isto, e o facemos como el querería: sen medo. Helena desafía aos homes, aos deuses e reclama que os actos do inxusto non caian no río do esquecemento.

  • Caché con IVE : 1600.14 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1899.25 €

  • Técnica