#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Marita Martínez: Contadiña

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 881 946 972 - notificacions@javilopa.gal

  • Páxina web do grupo : https://aine.gal/descargas/A2-MaritaMartinez-rider.pdf

  • Sinopsis da compañia :

    Cunha ampla traxectoria na escena teatral, esta actriz e monologuista é unha das raíñas da improvisación en Galicia, participando en diversos shows de Improscenia e fundando o dúo cómico Izquierdo Sisters.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Todo ten o seu aquel, por iso Marita Martínez conta no seu monólogo como cambiaron as cousas desde os tempos da súa avoa. Das súas anécdotas e doutras recollidas de familia propia e allea vai este conto. De como eran os amores e as regueifas, das festas e os peligros do pasodobre, dos alcumes e a retranca, das peculiaridades do noso carácter que tanto cambiaron… ou non. En definitiva, das cousas de antes e as cousas de agora.

  • Caché con IVE : 1573.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2541.0 €

  • Técnica