#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CHECHU RIQUELME: NA OUTRA BANDA

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: xeral

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : AMARELO

  • Datos de contacto : 610 106 808 - LILIAN@AMARELO.ES

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1ispIKfat4K3M_biFFF3BCZI-mhmUe1PN/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Na outra banda é un proxecto escénico impulsado e dirixido por Chechu Riquelme, bailadora e creadora que desenvolve o seu traballo no diálogo entre a danza contemporánea e o baile tradicional galego. A súa investigación artística céntrase no corpo como espazo de memoria, identidade e transformación, entendendo o movemento como ferramenta de pensamento e construción narrativa. Esta creación constitúe a súa primeira obra de formato completo como directora, consolidando unha liña de investigación iniciada nos últimos anos a través da improvisación, da expresión corporal e da fusión entre linguaxes escénicas e tradición. A proposta conta coa colaboración artística de Daniela Jeanette López Álvarez na codirección e coreografía, achegando unha mirada intercultural desde o diálogo co folclore arxentino e a danza contemporánea, e coa participación de Xandre Outeiro como músico en directo e creador da paisaxe sonora, integrando o son como elemento estruturante da dramaturxia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Na outra banda é unha creación escénica que aborda a experiencia da migración desde o corpo, tomando como punto de partida o desarraigo e a morriña como emoción complexa que atravesa xeracións. A obra explora a viaxe exterior e interior de quen deixa a súa terra, atravesando a soidade, a ruptura e a reconstrucción da identidade. Estruturada en tres actos e cunha duración aproximada de 50 minutos, a peza constrúe unha dramaturxia física onde a danza dialoga coa música en directo, a percusión corporal e a respiración como motores expresivos. O movemento convértese nun espazo de memoria e resistencia, pero tamén de encontro e transformación. A través da fusión entre danza contemporánea e raíz tradicional, a obra propón unha reflexión sobre pertenza, retorno e comunidade, abrindo unha mirada actual sobre os procesos migratorios e a necesidade de integración como experiencia compartida.

  • Caché con IVE : 2200.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2750.0 €

  • Técnica