#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Matrioshka Teatro: COMANDO COMADRES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adolescente e adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Consuelo Porto Puente

  • Datos de contacto : 605 166 119 - matrioshkateatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://matrioshkateatro.com/comando-comadres/

  • Sinopsis da compañia :

    Matrioshka Teatro naceu no ano 2013 da man de 3 actrices, para facer un teatro onde as intérpretes estean no centro da creación. Creamos dramaturxias a pé de escena, sen deixar de lado unha estética coidada, o sentido do humor, a frescura e a naturalidade de romper e volver levantar a cuarta parede cando nos cadra, envolvendo así ao público con nós. Apostamos por camiños intermedios, por linguaxes mesturadas que transitan neses lugares de intersección, de recollida e cruzamento entre o teatro máis clásico e o contemporáneo. Alimentámonos do legado das xeracións que foron antes ca nós, repousamos o vivido, e compartímolo coas persoas que están, sen deixar de pensar nas que virán. Somos teatro de partillar e coidar. Mulleres que guían, mulleres que homenaxean, mulleres que acubillan, así como nós tamén fomos acubilladas por outras. Espectáculos creados e premiados foron: • Cést la vie. Que trata sobre o paso do tempo, • Manawee: sobre as novas emocións da preadolescencia. • Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos: homenaxe a María Victoria Moreno e a tódalas boas mestras e mentoras. • Comando Comadres, e ... • Comadres en acción: dous espectáculos sobre os micromachismos para sala de teatro ou para lugares alternativos. • Fala fala falangueira: sobre a lingua da nosa terra.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un grupo de mulleres activistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión: crear unha rede de Comandos a nivel mundial para despertar as conciencias sobre a importancia da igualdade entre xéneros. Comando Comadres rende homenaxe a tódalas heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado. Teaser: https://www.youtube.com/

  • Caché con IVE : 2843.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3776.0 €

  • Técnica