#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

CINEMA STICADO: OH, MAMMI BLUE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Helena Varela Barrio

  • Datos de contacto : 646 398 035 - helenavarelabarrio@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://cinemasticado.com/gl/ohmammiblue/

  • Sinopsis da compañia :

    Cinema Sticado é un colectivo galego formado por Xosel Díez e Helena Varela. Dende o ano 2015 emprenden un camiño de investigación arredor das artes visuais e teatrais, desenvolvendo unha linguaxe propia onde conviven a tecnoloxía máis punteira cun acabado artesanal singular. Nos seus espectáculos, os obxectos, títeres e formas animadas cobran vida a través dun dispositivo escénico e humano que define a súa particular maneira de crear.O colectivo ten presentado os seus traballos en xiras nacionais e internacionais, sendo recoñecido e premiado en diversos festivais de Polonia, Bulgaria e Turquía, entre outros. No ano 2025, Cinema Sticado produce OH, MAMMI BLUE, un espectáculo escrito e dirixido por Noemi Rodríguez. Trátase dun monólogo cargado de humor, que reflexiona sobre as dúbidas e inseguridades lexítimas que atravesa calquera muller embarazada. Ao tempo, reivindica tamén a liberdade de non ser nai e, dun xeito máis profundo, honra ás nais que o son sen ter parido. É un show máxico, fresco e emocional, capaz de contar dende a verdade aqueles xiros inesperados da vida que nos transforman para sempre. Unha proposta cercana, luminosa e chea de identidade que conecta con todo tipo de público. ________________________________________

  • Sinopsis do espectaculo:

    Oh, mammi blue comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre.

  • Caché con IVE : 2400.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2900.0 €

  • Técnica