#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Proxecto Morrinha: Od(i)osa

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Claudia Darriba Alfaya

  • Datos de contacto : 634 997 739 - proxectomorrinha@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1sIaXGkMDEfCdEpxL3xvQ0ecjYA_x8EkK/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Proxecto Morriña naceu como unha compañía de danza en Redondela baixo a dirección de Claudia Darriba, graduada en Coreografía e Interpretación polo CSD Ángel Pericet de Málaga e directora na Escola de Danza Deborah (Pontevedra). A formación deu os seus primeiros pasos en 2023 coa estrea de Morriña de ti, a súa peza inaugural. Ese mesmo ano, o proxecto medra coa incorporación de Noelia Nuño, escritora, directora de escena e alumna da ESAD de Galicia. A súa chegada marca un punto de xiro: Proxecto Morriña evoluciona cara á danza-teatro, consolidándose como unha das poucas propostas en Galicia que entrelaza a linguaxe do corpo coa da palabra. Baixo esta codirección, a compañía explora a identidade, a ferida e a memoria colectiva como motores de creación, con proxectos de fonda base social e política que buscan emocionar, cuestionar e transformar.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Baseada en feitos reais, esta obra recupera da memoria galega a folga de 1989 de A Illa de Arousa na fábrica ODOSA, unha loita obreira liderada por mulleres en defensa dos seus dereitos laborais. Mediante unha combinación de danza, dramaturxia e material audiovisual documental, a peza visibiliza a forza e determinación destas mulleres que decidiron non calar. OD(I)OSA recrea a revolta das traballadoras conserveiras que, a pesar do medo á represión e da falta de apoio, loitaron pola dignidade e a xustiza. A obra combina testemuños reais con secuencias coreográficas que representan a opresión, a sororidade e a resistencia. Ademais, emprega elementos simbólicos como unha rede que, ao longo da representación, evoluciona de instrumento de sometemento a bandeira de vitoria. As actrices visten vestidos de rede, simbolizando a trampa e a opresión laboral que sufriron as mulleres nas conserveiras. A utilización de audios orixinais da época reforza a autenticidade e o impacto emocional da peza, converténdoa nunha homenaxe ás mulleres que marcaron a historia do movemento laboral galego.

  • Caché con IVE : 3080.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3300.0 €

  • Técnica