#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AVELINO GONZÁLEZ: GPA (Galego Para Adolescentes)

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 630 071 734 - avelino@avelinogonzalez.gal

  • Páxina web do grupo : https://avelinogonzalez.gal/contos-e-monologos/gpa/

  • Sinopsis da compañia :

    Son actor e contador de contos. Traballei en series como "Padre Casares", "Serramoura", "Asunta" ou "Seis hermanas". En teatro actuei co Centro Dramático, Contraproducións ou Ibuprofeno. Dirixín espectáculos pra Talía Teatro ou Culturactiva. Conto contos alá onde me chaman, da Guarda a Ribadeo, de Polonia a Cuba.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha conferencia-espectáculo participativa e visual que anima a falar e gozar da túa lingua, especialmente orientado a adolescentes (e adult@s!) [Hai dous subtítulos pra non ser excluíntes. Con “Abrirmundos” quérese evitar que a xente adulta pense que non é pra ela. Con “Adolescentes” quérese que a rapazada se sinta directamente aludida. En cada función tería que usarse un subtítulo ou outro, segundo o público ó que se dirixa] Debullando palabras, comparando linguas, nomeando cousas. Anecdotario e dicionario riman en consoante e son dous elementos fundamentais pa­ra demostrar que o galego é unha lingua tan útil como calquera outra. Ou máis se queres falar bo inglés! A música, o surf, a raíña católica, a publicidade (na versión para adultos) a selección de fútbol feminino... son argumentos usados. En cada lugar sublíñanse as características lingüísticas e toponímicas propias. "A lingua é ese caramelo marabilloso que sempre temos na boca. E ben que nos sa­be! Con ela amamos, negociamos, (insultamos), seducimos ... cada quen ca súa! e non todas o fan igual. Temos moita lingua! Unha lingua bonita. E útil! Afórrache tempo e cartos; falas inglés con menos esforzo. Si. Un espectáculo sobre a lingua para todas as idades!

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1320.0 €

  • Técnica