#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

HECTOR: ALQUIMIA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 70 MIN

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais , falamos dun mago con espectáculos de rúa (co mo "O Afiador" ou "Alquimia" ) ou de gran formato para te atros ("A Maxia da Santa Compaña","Os anos 80","Íntimo" e "Ultreia , ao final do camiño estás ti") e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en varios puntos do estado español. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    ALQUIMIA Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxe ctivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal. O soño dos alquimistas era dominar a natureza , o lume, e finalmente o tempo. Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza,transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como “ A gran Obra”. Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, ¡¡a felicidade!!. A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa “ Gran Obra”. Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto. FICHA ARTÍSTICA Mago Teto Idea orixinal: Héctor Guerra Dirección: Héctor " o vianes" Colaboración na dirección: Jose Prieto Escenografía: Kukas Voz en off: Luis Iglesia Iluminación: Javier Adán Ayude Audiovisual: Granero Video Duración 70 minutos. Para todos os públicos.

  • Caché con IVE : 1850.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica