#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FRANCISCO CASTRO E INMA LÓPEZ SILVA: REPUNANTAS. AS PUNKIS DA LITERATURA GALEGA. DE MARÍA BALTEIRA A BEGOÑA CAAMAÑO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: XERAL

  • Duración do espectaculo: 1 hora

  • Persoa representante : MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 894 525 - facturacion@musicasaovivo.gal

  • Páxina web do grupo : https://docs.google.com/document/d/1NVuwdORJD3P17yqP9eP0slNMFL_sSJaB93a4tx5WqgM/edit?tab=t.0

  • Sinopsis da compañia :

    INMA LÓPEZ SILVA E FRANCISCO CASTRO SON DOUS NOMES REFERENCIAIS DA LITERATURA GALEGA. AMBOS OS DOUS RECOLLERON OS MÁIS IMPORTANTES PREMIOS DO NOSO SISTEMA LITERARIO: XERAIS, BLANCO AMOR, DA CRÍTICA, GARCÍA BARROS, FERNÁNDEZ DEL RIEGO…ENTRE MOITOS OUTROS. TEÑEN TAMÉN A SÚA OBRA TRADUCIDA A UNHA MANCHEA DE LINGUAS: FRANCÉS, INGLÉS, SERBIO, PORTUGUÉS DO BRASIL. INMA LÓPEZ SILVA, ADEMAIS, É PROFESORA DE TEORÍA DO TEATRO NA ESCOLA DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA E UN DOS REFERENTES DO FEMINISMO EN GALICIA. FRANCISCO CASTRO É TAMÉN MÚSICO E ESTÁ A PIQUES DE PUBLICAR O SEU SEGUNDO DISCO.

  • Sinopsis do espectaculo:

    “Repunantas. As punkis da literatura galega: de María Balteira a Begoña Caamaño” é un espectáculo de narración oral e música, na que dous escritores ben recoñecidos do noso sistema literario, Inma López Silva e Francisco Castro, unen as súas forzas para, nunha función dalgo máis dunha hora, en clave de humor, con cancións, pero tamén cunha boa escolla de textos, facer unha viaxe polas grandes literatas da nosa tradición galega, desde a época medieval ata os nosos días. Arrancamos de María Balteira e chegamos ata a autora homenaxeada co Día das Letras deste ano, Begoña Caamaño. Trátase de amosar como a lingua galega, e a súa literatura, sobreviviron, en parte, grazas ás “repunantas”, as mulleres que, lonxe de aceptar o seu papel secundario, decidiron escribir, recitar, facer obras literarias para cambiar o mundo. O galego foi a súa arma, e a súa rebeldía, a actitude punkie que levaron adiante. A través da música, as cancións, a interacción co público e os textos escollidos, “repunantas” é un exercicio lúdico que non só amosa a forza da lingua galega a través dos séculos senón que o fai dende unha ollada feminista e desmitificadora, ou sexa, moi punkie. Un espectáculo para todas as idades que amosa a forza do galego mais tamén das mulleres do noso país.

  • Caché con IVE : 1028.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1452.0 €

  • Técnica