#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NELSON QUINTEIRO PRODUCIÓNS: BARULLO DE NADAL!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante : Nelson Quinteiro Roa

  • Datos de contacto : 647 647 404 - nelson.quinteiro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.nelsonquinteiro.com/barullo-de-nadal

  • Sinopsis da compañia :

    Nelson Quinteiro Producións MÚSICA, DANZA E ANIMACIÓN EXPERIENCIAS EMOCIONANTES QUE FESTEXAN AVIDA E A LEDICIA DE VIVIR! Páxina web: www.nelsonquinteiro.com Somos unha empresa artística multidisciplinar especializada na creación de experiencias temáticas a través da música, a danza e a animación, especialistas en cabaré e contidos para todo o ciclo festivo do ano. Creamos propostas evocadoras, que abordan directamente os imaxinarios colectivos. Experiencias emocionantes que nos fan vibrar, participar, e celebrar a vida e a ledicia de vivir. En activo dende 2006, somos responsables da programación, produción e comunicación de propostas tan singulares coma o Festival Galego de Cabaré (12 edicións dende o 2006 ao 2021), "Brancas" (Noite Internacional dos Museos da Coruña 2011), Gharbo! (Co-produción 2012 do Centro Coreográfico Galego), Compostela Carpa Cabaret (2009), Portamérica Circo Cabaret (2016), Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro (Pontevedra), "Pequeno Circo de Nadal" (Rianxo 2016, 2017, 2018 e Salceda de Caselas 2019-2024), "Parranda & Trucks" (Portonovo 2017 e 2018), "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" (A Coruña 2017 e 2018), Festival Cabaré Cabaré (Pontevedra, 2021) , "Sanxenxo en Branco" (Sanxenxo 2019, 2020 e 2023), Aldea de Nadal (Vilagarcía 2023, 2024, 2025), entre moitos outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    BARULLO! https://www.nelsonquinteiro.com/barullo-de-nadal Barullo de Nadal! é un espectáculo infantil de clown e música para nenos e nenas de 4 a 10 anos, no que Nelson Quinteiro se transforma en axudante do Apalpador xunto a Pepe, un simpático porquiño. A través da escrita dunha carta ao Apalpador, o público descubre instrumentos e ritmos da música tradicional galega nunha viaxe divertida, participativa e chea de humor que invita a cantar, bailar e gozar do Nadal en familia. O espectáculo, de 50 minutos de duración e pensado para medianos formatos e prazas de mediano aforo con escenario, destaca polo seu forte compoñente visual e sonoro, no que o público descobre en directo unha ampla variedade de instrumentos da música tradicional galega, como a gaita, pandeiros, peitoques, cunchas ou tarrañolas, combinados coa creación de ritmos mediante pedais de loop. Grazas a estes instrumentos abórdanse contidos didácticos musicais, (ritmo/melodía, corda / vento/ percusión, altura /tono / intensidade /timbre) como de magnitudes, tamaños, formas, materiais, etc... A música intégrase co humor e a linguaxe do clown para dar forma a un personaxe cómico e próximo, que emprega ritmos populares como a xota, a muiñeira ou o pasodobre. A proposta complétase con panxoliñas e Cantos de Nadal baseados en xogos participativos e improvisación musical, inspirados na musicoterapia educativa, fomentando a creatividade e a participación activa do público. En conxunto, Barullo de Nadal! preséntase como unha proposta divertida, próxima e chea de espírito navideño, que combina música, humor e participación dun xeito moi especial. O seu carácter lúdico e educativo convérteo nun espectáculo único no panorama do teatro e da música infantil en Galicia, ofrecendo unha experiencia diferente que celebra o Nadal desde a tradición, a creatividade e a alegría compartida. Palabras Clave Relacionadas: Nadal, Apalpador, clown, música tradicional galega, teatro infantil, espectáculo familiar, participación, panxoliñas, educación musical, humor, tradición, creatividade Tipo de Espectáculo: Espectáculo infantil / familiar de música e clown Estilo Artístico: Clown musical, teatro infantil participativo, música tradicional galega Experiencia Ofrecida: Experiencia lúdica, educativa e participativa que combina música en directo, humor e xogos colectivos, convidando ao público a cantar, bailar e descubrir a música tradicional galega nun ambiente festivo e familiar Duración do Espectáculo: 50 minutos Outros detalles relevantes:Estreado no Nadal 2025 con importantes funcións: Cidade da Cultura de Galicia, Programa Rechouchíos do Concello de Moaña, Aldea de Nadal Vilagarcía de Arousa, Onde Habita o Nadal en Cangas, Azucareira de Portas, etc... Pensado para nenos e nenas de 4 a 10 anos e público familiar. Adaptado a medianos formatos e prazas de mediano aforo con escenario. Inclúe panxoliñas, cantos de Nadal e dinámicas participativas inspiradas na musicoterapia educativa.

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica