#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

VERO RILO: Jrefiyye. Contos marabillosos de guerra e paz

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR (+ 4)

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : VERONICA MARTINEZ MARTINEZ

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/es/artista/vero-rilo

  • Sinopsis da compañia :

    Vero Rilo Narradora oral de longa traxectoria, recoñecida polo seu traballo comprometido coa memoria, a tradición oral o feminismo e a xustiza social. A súa voz e presenza escénica constrúen espazos de escoita profunda, onde o conto se converte en acto político e poético. Luis Iglesias. Músico con ampla experiencia en proxectos escénicos e musicais. A súa proposta sonora acompaña a palabra sen sometela, dialogando coa narración e creando paisaxes sonoras que amplifican o relato e a emoción.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Jrefiyye. Contos marabillosos de guerra e paz é un espectáculo de narración oral e música en directo que recolle contos tradicionais procedentes de territorios marcados polo conflito bélico, como o xenocidio Palestino e tamén doutros lugares do mundo, para falar de guerra e paz desde a linguaxe simbólica do conto marabilloso. A través destas historias, o espectáculo amosa como os contos populares se repiten en culturas moi diferentes, mudando as versións, pero compartindo estruturas, personaxes e conflitos comúns. Unha viaxe polos imaxinarios da humanidade que pon en diálogo tradición oral, memoria e actualidade. Jrefiyye. Contos marabillosos de guerra e paz é unha proposta artística que entende a cultura como ferramenta de transformación social. Un espectáculo para escoitar xuntas, para recoñecernos nas historias doutros pobos e para lembrar que a palabra tamén pode ser un acto de resistencia.

  • Caché con IVE : 968.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 968.0 €

  • Técnica