#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Ainé: Bibopalula · O espectáculo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 881 946 972 - contratacion@aine.gal

  • Páxina web do grupo : https://bibopalula.gal/espectaculo/

  • Sinopsis da compañia :

    Ainé é unha das produtoras de espectáculo máis relevantes de Galicia logo de dez anos de traxectoria levando aos escenarios máis de trinta proxectos, e reunindo a máis de 50.000 espectadoras e espectadores cada ano nos teatros. O traballo de Ainé combina propostas de gran formato pensadas para chegar a todo tipo de públicos con iniciativas culturais singulares, relacionadas coa posta en valor do patrimonio oral, a lingua e o territorio. Entre os espectáculos máis destacados de todos os producidos por Ainé na última década destacan ‘Somos Criminais’ (2018-2025), o espectáculo coa maior recadación por venda de entradas da historia do teatro galego, con máis de 120.000 espectadoras e espectadores, a adaptación teatral de ‘Fariña’ (2019-2021) o ensaio de Nacho Carretero sobre o narcotráfico en Galicia, ou ‘Corentena’ (2023-2025), a continuación nos teatros das conversas en Instagram entre Touriñán e David Perdomo durante a pandemia. Outros proxectos de recoñecido éxito na traxectoria da produtora foron ‘Bibopalula’ (2025), o primeiro musical infantil en lingua galega, ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ (2021), ‘Continente María’ (2022), ‘Códice K’ (2023), ‘Unha noite na praia’ (2019) ou ‘Agora en serio’ (2017).

  • Sinopsis do espectaculo:

    Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores… A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite. Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como ‘O Terremoto’, ‘As Estrelas’ ou ‘A Poza’, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos.

  • Caché con IVE : 5082.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6655.0 €

  • Técnica