#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARÍA FALTRI: O PODER DO AZUL, CARTAS NO VENTO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL +6 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/O-pracer-do-azul,-cartas-no-vento/

  • Sinopsis da compañia :

    María Faltri é creadora, intérprete e divulgadora cultural, cunha traxectoria consolidada na música tradicional galega e nos proxectos escénicos dirixidos a público familiar. O seu traballo caracterízase por unha mirada contemporánea sobre a tradición, onde a música, a palabra e a educación emocional se entrelazan para crear experiencias artísticas participativas e significativas. A través dun enfoque sensible e accesible, María constrúe propostas que conectan cultura, identidade e emoción, poñendo en valor a tradición oral, a literatura galega e a creación colectiva como ferramentas de transformación e encontro. Actualmente conta cos espectáculos O pracer do azul, cartas no vento; Cantares de Rosalía; Quiquirirquí; Cantar o Nadal; Picadiscos e Coa pandeireta na man.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O pracer do azul, cartas no vento é un espectáculo musical e narrativo para público familiar que conta, dun xeito sinxelo e poético, a historia de Circe e Penélope tal e como a reimaxinou Begoña Caamaño nos seu libro ‘Circe ou o pracer do azul’. A través das cartas que viaxan no vento desde a illa de Eea ata Ítaca, dúas mulleres que comezan como rivais constrúen unha relación de afecto, respecto e crecemento persoal, descubrindo a forza da palabra compartida. Música, palabra e cancións nun encontro participativo. Espectáculo narrativo e musical de 50 minutos para público familiar a partir de 6 anos, interpretado por María Faltri e Denise Armas.

  • Caché con IVE : 840.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1000.0 €

  • Técnica