#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARÍA FALTRI: CANTAR O NADAL

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Mar%C3%ADa-Faltri/

  • Sinopsis da compañia :

    María Faltri é creadora, intérprete e divulgadora cultural, cunha traxectoria consolidada na música tradicional galega e nos proxectos escénicos dirixidos a público familiar. O seu traballo caracterízase por unha mirada contemporánea sobre a tradición, onde a música, a palabra e a educación emocional se entrelazan para crear experiencias artísticas participativas e significativas. A través dun enfoque sensible e accesible, María constrúe propostas que conectan cultura, identidade e emoción, poñendo en valor a tradición oral, a literatura galega e a creación colectiva como ferramentas de transformación e encontro. Actualmente conta cos espectáculos O pracer do azul, cartas no vento; Cantares de Rosalía; Quiquirirquí; Cantar o Nadal; Picadiscos e Coa pandeireta na man.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Este espectáculo de Nadal propón unha celebración musical participativa para público familiar, recuperando panxoliñas tradicionais e re-interpretando en galego os vilancicos clásicos máis populares. Un repertorio alegre e compartido, pensado para cantar de forma participativa pequenas e maiores, unir culturas e espallar o espírito do Nadal a través da música e a emoción colectiva. Para reforzar a experiencia, achegaranse textos para seguir as cancións e pequenos instrumentos de percusión

  • Caché con IVE : 840.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 840.0 €

  • Técnica