#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Oscar Cobos Compañía de Danza: Nove Espellos

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : Oscar Enrique Cobos Martínez

  • Datos de contacto : 605 370 252 - oscarcobosciadedanza@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://ocdanza.com/

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía de danza de Óscar Cobos estrea o seu segundo espectáculo despóis do éxito da xira do seu primer espectáculo Bailador. O estilo propio da compañía fusionando as linguaxes folclóricas da nosa terra e as tendencias e estilos contemporáneos continúa a ser marca de identidade nesta nova creación. O estilo de Nove Espellos evoluciona coa incorporación dun novo elenco que aporta un carácter máis vangardista, pero non olvida as raíces en perfeita armonía co despliegue estilístico do propio director, que nesta ocasión volta á escea na que medrou como bailador.

  • Sinopsis do espectaculo:

    NOVE ESPELLOS é unha viaxe polo multiverso do eu-non-consciente, un espazo onde o todo e a nada son o mesmo, onde se recrean medos, desexos, fracasos, ausencias, acertos, alegrías e tristezas, onde a música que todos levamos dentro pode chegar a converterse nun ruido insoportable, onde un soriso pode converterse en algo irrecoñecible, onde as liñas se deforman creando formas que soamente son posibles nun espaciotempo ilimitado. NOVE ESPELLOS é unha proposta pensada para tres intérpretes que interactúan entre si utilizando diferentes linguaxes vinculadas ás artes do movemento, dende a danza popular tradicional galega ata a danza de contacto, pasando pola danza contemporánea e a danza clásica entre outras.

  • Caché con IVE : 4779.5 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 6957.5 €

  • Técnica