#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Crespo: VIRAVOLTA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL - FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 45

  • Persoa representante : Raquel García Crespo

  • Datos de contacto : 622 091 747 - raquelgarcrespo@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1WpfaAa0-OPGEvKhVdV2RaC1IdYj9ImqR/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Raquel Crespo (A Coruña, 1997) é actriz e creadora escénica formada en Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia (2019). O seu traballo sitúase no teatro físico, combinando corpo, palabra e creación visual. Actualmente traballa como actriz con diferentes compañías galegas mentres desenvolve o seu propio traballo como creadora. Participou en producións do Centro Dramático Galego, como Manuela Rey is in da House e Alta Costura da compañía Elefante Elegante. En paralelo, tamén desenvolve proxectos de deseño e construción de vestiario escénico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha nena ten que marchar cos seus pais. Antes de irse, déixalles unha promesa aos seus amigos: cando volva, xa saberá dar a viravolta. Para ela, marchar é só unha viaxe curta, un xogo, un ir e vir rápido. Pero o tempo non para, non agarda. Unha viaxe en barco e as cartas que a acompañan no camiño. A promesa repítese, o movemento insiste, a vida xira. A infancia avanza sen decatarse de que xa está a cambiar.

  • Caché con IVE : 605.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 726.0 €

  • Técnica