#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

XAVI BUFA: TUBOS DO MUNDO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: INFANTIL +6 ANOS

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Tubos-do-mundo/

  • Sinopsis da compañia :

    Xavi Bufa é Xavi Lozano. Formado musicalmente no clásico e no tradicional, especializado en aerófonos do mundo, sempre estivo en contacto con todo tipo de música, experimentos e fusións. Foi presentador e asesor do programa de educación musical L’atrapa-sons de TV3. Tamén colaborou en radio e televisión en diversos espazos e no formato TEDx como divulgador musical. Formou parte do grupo Coetus, da banda de Eliseo Parra e colaborou con artistas como Jorge Drexler, Kepa Junquera ou Silvia Pérez Cruz. Actualmente adica boa parte da súa vida profesional á didáctica. Ademais dos concertos, tanto en solitario como coa formación Bufa&Sons, imparte tamén obradoiros nos que aprender a facer música con obxectos e materiais de refugallo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Pódese facer música cunha vasoira? Cunha escaleira ou cunha barreira de obra? Pódese! E vaia que si! No mundo hai moitísimos tubos que se poden soprar. Se as frautas son esencialmente tubos, moitos tubos da nosa contorna máis cotiá poden considerarse frautas... se sabes como soprar neles. Tubos do mundo é un concerto sorprendente no que Xavi Lozano presenta a súa particular forma de relacionarse musicalmente cos obxectos. "Eu xa tocaba instrumentos de vento pero, fai anos, cando o meu avó rompeu o fémur, comecei a tocar a súa muleta. Desde entón non puiden deixar de soprar cousas”. Dende fai máis de 20 anos, Tubos do mundo chega ás catro puntas do planeta. Vénse representando en conservatorios, centros culturais , en teatros e en escolaas, lembrándonos con humor e enxeño que a música está alí onde decidamos atopala.

  • Caché con IVE : 760.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1210.0 €

  • Técnica