#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PISCORE: Commed[IA]

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: TODOS OS PUBLICOS

  • Duración do espectaculo: 50 MINUTOS

  • Persoa representante : FELIX RODRÍGUEZ LAMAS

  • Datos de contacto : 622 434 488 - info@culturactiva.org

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/artista/piscore

  • Sinopsis da compañia :

    Píscore nace en 2015 cun propósito claro: crear espectáculos nos que teatro, humor e música se mesturen para sorprender ao público desde múltiples dimensións. Desde entón construíron un estilo inconfundible, no que destacan a comedia física, o virtuosismo sobre instrumentos como a marimba e o xilófono e unha posta en escena sempre orixinal. Os seus primeiros espectáculos, Concerto Singular (2016) e Concerto ConFusión (2019), suman máis de 200 funcións en Galicia e no resto do Estado, e foron recoñecidos polo público con diversos galardóns, entre eles o Premio do Público do Festaclown de Vilagarcía (2017 e 2019). Ademais, foron tamén os espectáculos mellor valorados na programación Domingos do Principal de Pontevedra en 2018 e 2020. En 2022 presentan Molto Barroco, unha creación propia dirixida por Fran Rei que combina o espírito dun músico barroco con clown, comedia física, xogos malabares e números de baile, reforzando a identidade fresca e dinámica da compañía. O seu traballo máis recente continúa recibindo recoñecemento: en 2024 foron seleccionados no Certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro e en Camiño Escena Norte, e en 2025 acadaron o Premio do Público Infantil na XLVII Mostra de Teatro Galego de Cariño. Píscore continúa a consolidarse como unha das compañías máis singulares e innovadoras da escena galega actual.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O soño de conquistar o espazo non naceu coa tecnoloxía moderna: é unha pulsión antiga, unha mestura de curiosidade, ambición e aventura. Primeiro foron os telescopios, despois as grandes misións espaciais e agora o turismo polas estrelas. Pero queremos ir máis alá. Ata o infinito, e máis alá! En Commed[IA], Píscore mergúllase no universo da carreira espacial pasada, presente e futura, as novas tecnoloxías, a Intelixencia Artificial e todas as incógnitas que aínda nos agocha o espazo exterior. Chegaremos a habitar Marte? Hai vida noutros planetas? Como será a música alén da Vía Láctea? Dirixido por Fran Rei, nesta cuarta montaxe de creación propia, Píscore ofrécenos unha nova dose de humor e música, con gags trepidantes, referencias cinematrográficas, unha visión divertida da actualidade e novos instrumentos, como o theremin ou o otamatone. E todo isto con astronautas, extraterrestres, naves espaciais e o Universo de fondo. Houston, temos un problema: Volve Píscore.

  • Caché con IVE : 2178.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2420.0 €

  • Técnica