#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DO NOROESTE: MANUAL DE PATRONAXE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: ADULTO

  • Duración do espectaculo: 75 minutos

  • Persoa representante : TEATRO DO NOROESTE, S.L.

  • Datos de contacto : 636 397 722 - EV

  • Páxina web do grupo : https://www.teatrodonoroeste.com/manual-de-patronaxe

  • Sinopsis da compañia :

    Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que comezou a súa actividade no ano 1987. En todos estes anos produciu montaxes de textos clásicos como Medea, de Eurípides, Rei Lear, Macbeth, Noite de Reis e Romeu e Xulieta, de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro, A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, Campo Sur, de Lino Braxe ou o musical Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas, de Eduardo Alonso. Tamén realizou montaxes de textos infantís como Piratas, de Eduardo Alonso ou Touporroutou da Lúa e do Sol, de Roberto Vidal Bolaño. Unha das súas produccións foi o musical Imperial Café Cantante, Vigo 1936, de Eduardo Alonso, que recibiría os Premios María Casares ao Mellor Texto, Mellor Escenografía, Mellor Vestiario, Mellor Música e Mellor Iluminación. E as súas montaxes Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas) e Último Cowboy recibirían o Premio Max ao Mellor Espectáculo en Galego nos anos 2008 e 2011 respectivamente. Teatro do Noroeste está, nestes últimos anos, levando a cabo un relevo xeracional consciente e planificado. Coa idea de facer deste proceso unha transición ordeada e harmoniosa, estase levando a cabo a convivencia entre proxectos nesta nova liña e proxectos de sempre, habituais en Teatro do Noroeste. Manual de Patronaxe é un deses proxectos que se podería chamar de nova liña e que nos achega ao relevo xeracional total.

  • Sinopsis do espectaculo:

    É unha peza de autoficción na que a personaxe da Escritora busca descubrir a súa identidade como muller e como creadora nunha crise creativa. A través dos recordos do pasado de cando era Nena, descobre que a súa Avoa, que era modista, foi para ela un verdadeiro modelo feminista. Unha reivindicación de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida. A obra foi escrita por Nerea Brey, Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2023. Esta é unha obra de mediano formato, conta no seu elenco con Iolanda Muíños, Susana Sampedro e Raquel Espada. Dirixida por Clara Gayo, producida por Eva Alonso, con deseño de espazo sonoro, iluminación e proxeccións de César Seijas.

  • Caché con IVE : 4000.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4600.0 €

  • Técnica