#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

GRUPO OURIOL: ELAS FALAN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto e xuvenil

  • Duración do espectaculo: 45 minutos

  • Persoa representante : CHIRIPA

  • Datos de contacto : 636 397 722 - eva@chiripa.es

  • Páxina web do grupo : www.chiripa.es

  • Sinopsis da compañia :

    Grupo Ouriol son a poeta e comunicadora Eva Veiga, os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, e o artista plástico Alfonso Costa. Traballan con entusiasmo e rigor, compoñendo a música ex professo en directo e facendo unha ben estudada escolla dos textos para unha actuación amena e coherente. Ademáis inclúen proxeccións visuais e outros elementos escenográficos do artista.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Elas falan manifesta o interese do Grupo Ouriol por comunicar artisticamente a loita das mulleres por facer valer a súa voz en pé de igualdade coa dos varóns. Así pois, propoñen este recital multidisciplinar, non só para visibilizar a súa presenza na literatura universal, senón tamén a súa incuestionable calidade. Son as voces de autoras procedentes de literaturas e de épocas moi diversas; e sempre lúcidas e conmovedoras: Anna Ajmátova (Rusia, 1889-1966), Marina Tsveitáieva (Rusia,1892-1941), Sylvia Plath (Boston, 1932-Londres, 1963), Alejandra Pizarnik (Buenos Aires, 1936-1972), Nazik Al Malaika (Bagdad 1923-El Cairo 2007), Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), Clarice Lispector (Ucrania 1920-Río de Janeiro, 1977), Xela Arias (Lugo,1962 - Vigo, 2003), Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922 – A Coruña, 2020) e Wislava Szymborska (Polonia, 1923). É un recital poético recitado pola poeta e comunicadora Eva Veiga, e musicalizado polos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, en combinación coa obra do artista plástico Alfonso Costa. Experiencia multidisciplinar que conxuga poesía, música en directo e arte plástico. A pretensión fundamental é chegar a todos os públicos, dende rapaces a adultos. O espectáculo é moi vesátil e adaptable a distintos espazos.

  • Caché con IVE : 1900.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2200.0 €

  • Técnica