#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

AMORODIO TEATRO: CORTELLO DE AMOR

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12

  • Duración do espectaculo: 75

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 666 129 454 - amorodioteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://amorodioteatro.com/espectaculos

  • Sinopsis da compañia :

    AMORODIO Teatro, conformada por Carmen Facorro e Javier Castiñeira, naceu da eterna contradición entre o amor e o odio hacia a nosa terra. Como galegas, temos moi arraigado esa frase de “amor do que marcha e odio do que queda” e nós, como sempre dicimos: “non queremos marchar, queremos ficar aquí”. Reino da extinción foi o noso debut como compañía no ano 2021, con A Nai a nosa segunda produción, conseguimos consolidarnos. Neste segundo proxecto, dirixido por Marián Bañobre e cuxa dramaturxia correu a cargo de Laura Porto, obtivemos o premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade e a nominación a Mellor texto orixinal nos Premios María Casares 2024. Cortello de amor, é a nosa terceira produción.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado. Durante esa noite no rocho, descubren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman “niño de amor”, reconectando como parella. Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Merchi parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investíu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto. Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello, e todo o que fixeron, probablemente, unha merda.

  • Caché con IVE : 2394.74 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2894.74 €

  • Técnica