#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TÍTERES ALAKRÁN: Pekeno Kabaret de Tolos

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 45

  • Persoa representante : CHARLATANA S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 645 053 589 - charlatana@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://titeresalakran.wordpress.com/espectaculos/pekeno-kabaret-de-tolos/

  • Sinopsis da compañia :

    Títeres Alakrán nace no ano 2003 como proxecto persoal de Borxa Insua, logo de iniciarse como actor-titiriteiro con diferentes compañías profesionais galegas. A formación artística como escultor inflúe directamente nas propostas plásticas da compañía, xa que emprega case sempre a madeira na confección dos monicreques. Dende o 2003 leva producidos 10 espectáculos nos que emprega diversas técnicas que levan á compañía a asentarse solidamente no panorama galego, así como a participar regularmente en Festivais internacionais de títeres en territorio español e latinoamericano.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Grandes estrelas do mundo da mu´sica cobran vida novamente neste espectáculo musical de marionetas, conducido e manipulado polo actor e titiriteiro Borxa Insua. Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix, Camaro´n de la Isla, un breakdancer sen papeis, o esquelete de Nina Hagen, Montserrat Caballe´... son algunhas das figuras e das sorpresas que nos depara este pequeno kabaret. Un presentador leva ás su´as costas un cabaret ambulante que resucitará a grandes estrelas do mundo da mu´sica... Con ocorrencia e improvisacio´n, o presentador trata de divertir, involucrar ao pu´blico cunha espectáculo que animará tanto a pequenos como a maiores.

  • Caché con IVE : 850.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 850.0 €

  • Técnica