#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Raquel Crespo: PUNTO EN BOCA: Entre fíos anda o lío.

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 60

  • Persoa representante : Raquel García Crespo

  • Datos de contacto : 622 091 747 - raquelgarcrespo@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1EPPol8-GSTuCXAVFZySk4lYEP6w5VBk0/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    Raquel Crespo (A Coruña, 1997) é actriz e creadora escénica formada en Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia (2019). O seu traballo sitúase no teatro físico, combinando corpo, palabra e creación visual. Actualmente traballa como actriz con diferentes compañías galegas mentres desenvolve o seu propio traballo como creadora. Participou en producións do Centro Dramático Galego, como Manuela Rey is in da House e Alta Costura de Elefante Elegante. En paralelo, tamén desenvolve proxectos de deseño e construción de vestiario escénico.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha muller, metade actriz, metade costureira, percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é ao mesmo tempo escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña, discreta, incansable, tecedeira de silencios. Que acontece cando alguén tira dun fío que non debía? Que segredos agochan os tapices que levan séculos contando o mundo? É difícil comprender o xersei cando só es un fío, pero ás veces abonda cun tirón para que todo o entramado comece a se revelar. Esta é unha historia sobre as mans que crean, as voces que narran e os fíos invisibles que tecen as nosas vidas.

  • Caché con IVE : 1452.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1694.0 €

  • Técnica