#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Lucía Veiga e Marita Martínez: Parasimpáticas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 881 946 972 - notificacions@javilopa.gal

  • Páxina web do grupo : https://aine.gal/descargas/Parasimpaticas-rider-Javi.pdf

  • Sinopsis da compañia :

    Marita Martínez: Cunha ampla traxectoria na escena teatral, esta actriz e monologuista é unha das raíñas da improvisación en Galicia, participando en diversos shows de Improscenia e fundando o dúo cómico Izquierdo Sisters. Lucía Veiga: Actriz e monologuista, tamén é presentadora de televisión, converténdose nunha das caras máis coñecidas da TVG con Malicia Noticias. A nivel nacional triunfa coa serie Rapa. Destaca a súa faceta na improvisación coas Izquierdo Sisters.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Dúas neuronas organizan unha Xunta Extraordinaria Neuronal para analizar o estado da materia gris galaica e estimular novas conexións galaico-simpáticas. Cada punto da orde do día levará ás neuronas asistentes a percorrer lugares comúns do consciente colectivo, no que a versión galega sempre é moito mellor. Porque ser galego é un estado mental. Neste novo espectáculo, Lucía Veiga e Marita Martínez exploran as realidades do galego valéndose do humor e de técnicas de improvisación.

  • Caché con IVE : 3267.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 4235.0 €

  • Técnica