#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L.: SEN PATRÓN

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Tódolos públicos

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : PISTACATRO PRODUCTORA DE SOÑOS S.L.

  • Datos de contacto : 637 084 928 - distribucion@pistacatro.com

  • Páxina web do grupo : https://pistacatro.com/senpatron/

  • Sinopsis da compañia :

    PISTACATRO é a compañia e a produtora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. PREMIO NACIONAL DE CIRCO 2025 distribúe as súas propias producións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras 20 anos desde a súa constitución Pistacatro pretende continuar asentándose como a produtora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural. Queremos ser un catalizador que permita a comunicación con outras persoas e proxectos para xerar cultura en coprodución ou en colaboración manténdonos fieis á nosa complicidade co público.

  • Sinopsis do espectaculo:

    No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? En Sen Patróns, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos

  • Caché con IVE : 2600.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3400.0 €

  • Técnica