#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

FURIA SOTELO: Sobre o extravío ou a arte de perderse

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : ROCIO ROYO-ESPACIO C

  • Datos de contacto : 657 278 320 - furiasotelocia@gmail.com

  • Páxina web do grupo : http://www.furiasotelo.com

  • Sinopsis da compañia :

    Licenciada Sotelo aparece en 2010 coa presentación de Nuria dirixida por Ana Vallés: "Métanse nos seus asuntos". A partir dese momento Licenciada Sotelo, co corpo e o movemento como centro, camiña en busca dunha linguaxe escénico ecléctica e multidisciplinar. Produce diversas pezas que viran en Redes de Teatros Autonómicas e festivais nacionais e internacionais: 2010 Métanse nos seus asuntos 2011 Desmemoriada 2012 Estado de gracia 2014 Silencio por favor 2016 Ensaio amor 2017 Incerteza 2019 A Gala 2019 Rosa 2020 Quen canta seu mal espanta 2021 Entre 2022 Mortais e vulnerables 2023 Vestirme de ti 2024 Sobre o extravío ou arte de perderse A obra "Ensaio amor" foi premiada na 30 edición do Certame Coreográfico de Madrid. Co seu penúltimo espectáculo de sala "Mortais e vulnerables" a Licenciada Sotelo dá paso a Furia Sotelo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Sobre o extravío ou a arte de perderse é un só que convida a compartir a viaxe interior e exterior dunha muller. Movemento, palabra, espazo sonoro, corpo e obxectos entrelázanse para explorar a idea de habitar, extraviarse e chegar a lugares non previstos. A peza propón deter a mirada dispersa do presente para descubrir a sorpresa escondida no cotián e no íntimo. Un tempo suspendido e evocador onde poden aparecer preguntas, respostas ou simplemente a beleza do que permanece oculto. O traballo forma parte dun percorrido profesional compartido desde 2009 entre Nuria Sotelo e Ana Vallés (Matarile), froito dunha colaboración artística continuada.

  • Caché con IVE : 2500.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3700.0 €

  • Técnica