#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Larraitz Urruzola: Dona Barriga Verde

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos/infantil a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : María Larraitz Urruzola Tolosa

  • Datos de contacto : 636 379 930 - larraitzur@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.larraitzurruzola.com/dona-barriga-verde/

  • Sinopsis da compañia :

    Larraitz Urruzola Producións Artísticas é un proxecto persoal que ten como piares a propia actriz, a súa capacidade narrativa, os títeres tradicionais, os contidos con perspectiva feminista e as protagonistas femininas como Rosalía de Castro, Francisca do Campo (madriña de Rosalía), Concepción Arenal ou Dona Barriga Verde, transformando en muller o mítico personaxe de títeres galego.  Todos estes elementos diferenciais amosan unha aposta clara por visibilizar a pegada dos referentes femininos nas artes e no activismo social.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Con protagonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos. Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros. Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situacións sen filtros, vence o medo e as inxustizas defendendo a súa integridade e o seu amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

  • Caché con IVE : 880.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 880.0 €

  • Técnica