#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Diáspora escena: As almofadas soñadoras

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Familiar

  • Duración do espectaculo: 55 minutos

  • Persoa representante : Dani Blanco

  • Datos de contacto : 647 059 288 - ola@sondaniblanco.gal

  • Páxina web do grupo : https://sondaniblanco.gal/creacions/as-almofadas-sonadoras/

  • Sinopsis da compañia :

    Diáspora Teatro é una compañia galego- arxentina de Narración oral, e teatro de Monicreques e Obxetos. Nace no ano 2020 da man de María Dobronich e Dani Blanco ante a necesidade de achegar ao público historias simples e cotiás, que son o motor para a búsqueda dunha poética propia. Un teatro desde o escenario ata o corazón. Esta incansable curiosidade levanos a refuxiarnos nos obxetos, a vida dos mesmos, os monicreques, o pequeno formato e a narración oral. María Dobronich Actriz No ano 2004 iniciou a súa formación como actriz, na Cidade de Buenos Aires formándosee con diferentes maestros como Marcelo Savignone, Pompeyo Audivert, Hector Bidonde e Walter Velazquez. Formou parte do grupo de teatro da Compañía nacional de autómatas La Musaranga, El gran circo del Arca e Las De Bianco. No ano 2013 desembarcou en Galicia e comienzou a sumerxirsee no mundo do teatro de obxetos e o pequeno formato. Nace o unipersonal . “O silenzo das tartarugas” baixo a dirección de Marcos PTT Carballido. Colaborou coa Cia. Assircopatas na creación e posta en escena do espectáculo “Polos pelos” No ano 2019, estrea o seu primeiro espectáculo de Teatro Lambe Lambe “Victoria, Nostalxias do pasado” baixo a mirada amorosa de Daniela Ocampos Habitualmente colabora con outros artistas e compañias galegas. Dani Blanco Actor, Pallaso, impovisador, narrador oral. No ano 2003 funda a compañia de circo Assircópatas coa que dirixiu e actuou en 7 espectáculos ata a data de hoxe. Entre eles Abracadaver ou Rogelio III (La fête). Actuando en máis de 17 países. Tamén forma parte da compañia de circo Muu! Na que participa no espectáculo Crunch!. Actor e fundador da compañía de impro Themomento impro no ano 2012, docente e membro da asociación galega de Narración oral NOGA. No ámbito da narración oral creou espectáculos como “Pequenas historias subversivas” ou “ondas para mudar” no 2020 que estreou no festival Atlántica de narración oral. Formouse con diversos maestros de distintos ámbitos: Marcelo Savignone, Walter Velázquez, Omar “Argentino” Galván ou Sole Felloza entre outros. A súa formación abrangue ámbitos tan diversos coma o circo, a improvisación teatral o claqué ou a narración oral entre outros.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Unha obra para contra os autoritarismos desde o humor para público familiar. Que non nos rouben os soños!! O Rei máis malo de todos os tempos, Rácano I non deixa de por leis cada vez máis terribles. Desde proibir os recreos, ata os domingos. Tampouco se pode cantar na ducha. Os habitantes de Galegópole non poden máis. Todo o día traballando nas minas. O único que lle quedan son os soños. Pero a malvada arquimaga do palacio Reptilia Pérfido, inventou ou máis terrible dos inventos, para que incluso as noites sexan un pesadelo para os galegopolitas. Ata cando vai aguantar o pobo esta situación? Xa está aquí o novo espectáculo de Diáspora escena, un espectáculo de monicreques , cheo de máxia, música, teatro de obxetos, circo, narración oral e tamén un chisco de rebelión.

  • Caché con IVE : 1210.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1660.0 €

  • Técnica