#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MARÍA FALTRI: QUIQUIRIQUÍ

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: PRIMEIRA INFANCIA

  • Duración do espectaculo: 30min

  • Persoa representante : URDIME, S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 619 920 335 - xestion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/familiar/Mar%C3%ADa-Faltri/

  • Sinopsis da compañia :

    María Faltri é creadora, intérprete e divulgadora cultural, cunha traxectoria consolidada na música tradicional galega e nos proxectos escénicos dirixidos a público familiar. O seu traballo caracterízase por unha mirada contemporánea sobre a tradición, onde a música, a palabra e a educación emocional se entrelazan para crear experiencias artísticas participativas e significativas. A través dun enfoque sensible e accesible, María constrúe propostas que conectan cultura, identidade e emoción, poñendo en valor a tradición oral, a literatura galega e a creación colectiva como ferramentas de transformación e encontro. Actualmente conta cos espectáculos O pracer do azul, cartas no vento; Cantares de Rosalía; Quiquirirquí; Cantar o Nadal; Picadiscos e Coa pandeireta na man.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Un espectáculo para a primeira infancia que nos leva a illa Chirimiri, chea de alegría e ritmo, onde unha tribo chamada Arcoíris celebra a vida co berro Quiquiriquí! A través de cancións, personaxes divertidos e xogos sonoros, créase un espazo tenro e seguro no que os bebés poden gozar, descubrir emocións e iniciar as súas primeiras relacións con outros amigos e amigas da súa tribo. Un espectáculo de música e teatro guiado por María Faltri. 

  • Caché con IVE : 690.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 840.0 €

  • Técnica